Valoración:
Recomendamos este lugar para comer ben, a prezo razoable, nun sitio aqueladiño e digamos que algo "fino" (pero sen caer en cursiladas).
A guiamichelíns estivo alí:
Atención! se ides de noite non vos deixedes enganar polo letreiro de neón que escintilea en azul e rosa. A Casa do Outeiro non é un deses sitios... De feito, este acolledor restaurante é unha bonita e típica casa remozada do rural galego. Está situada no Concello da Guarda pero non no núcleo urbano. Teñen un aparcadoiro pequeno pero moi xeitoso, con viñedos e valados de pedra. Tamén teñen un salón para vodas e banquetes nun lateral da casa pero imos falar do que interesa: comer ben na casa.
Sala do baixo |

Maigret de Pato |
A carta ten pratos relativamente orixinais ademais dos habituais que se poden atopar en Galicia. "Saltimboca al Marsala" é unha desas curiosidades; moi recomendable. Sáelles realmente moi ben o "Lombo de Porco Ibérico con Prebe de Boletus" pero tamén recomendamos o "Peixe Espada á Prancha" ou os "Medallóns de Solombo de Porco Ibérico con Prebe de Cogomelos". Recentemente probamos o "Maigret de Pato con salsa Cumberland", absolutamente delicioso.
Saltimboca al Marsala |
A torta de chocolate e galleta quédalles riquísima. Os camareiros sónchevos moi atentos e amables. Dúas persoas poden comer por uns 40 euros se non toman entrantes e piden viño caseiro. Pero se pedides un viño con marca e tomades un entrante, xa pagaredes máis de 50 euros. O entorno do restaurante é moi tranquilo.
Se queredes saber máis:
No hay comentarios:
Publicar un comentario